Rueda realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai

A viaxe desenvolverase entre os días 13 e 17 para reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países.

  • O presidente da Xunta mantivo, por videoconferencia, unha reunión co xefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires (CABA)
    O presidente da Xunta mantivo, por videoconferencia, unha reunión co xefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires (CABA)

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai, co obxectivo de reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países.

En concreto, desenvolverase entre os días 13 e 17 do vindeiro mes. Durante a súa estancia, o titular do Goberno galego terá unha axenda marcada por encontros con representantes diplomáticos españois e con autoridades do máis alto nivel de ambos os dous países. Do mesmo xeito, a viaxe servirá tamén para promocionar Galicia e o Camiño de Santiago, polo que está previsto que Alfonso Rueda participe nalgunha das diferentes actividades que se van desenvolver. 

Así, para avanzar na preparación desta viaxe, o titular do Goberno galego está a realizar unha serie de encontros de traballo con representantes destes países.

O primeiro deles, esta mesma semana, tivo lugar co xefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires (CABA), Horacio Rodríguez Larreta, con quen mantivo, por videoconferencia, unha reunión na que afondaron no escenario económico e social da Arxentina e, máis en concreto, de Bos Aires, así como tamén de España e Galicia. 

Nesa mesma liña, Rueda quixo aproveitar o encontro para abordar con Rodríguez Larreta a situación da colectividade galega residente no país xa que, ademais, será un asunto prioritario nesta primeira visita do titular do Executivo galego a ambos os dous territorios.

Xa por último, o presidente da Xunta convidou ao xefe do Goberno da CABA a visitar Galicia antes de que remate este Ano Santo Xacobeo.

450 lecturas