Accesibilidade

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

A Secretaría Xeral da Emigración procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Secretaría Xeral da Emigración está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Secretaría Xeral da Emigración http://emigracion.xunta.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

  • As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.
  • Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
  • Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer, Safari, etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data 01/02/13.

 

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase premendo distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer
    Prema a combinación de teclas Alt-tecla de acceso rápido e a continuación Retorno (Enter).
  • Netscape e Firefox
    Prema só a combinación de teclas Alt-tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior
    Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación prema só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Tamaño dos textos

As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador do xeito seguinte:

  • Microsoft Internet Explorer
    A través do menú Ver > Tamaño de texto.
  • Netscape e Firefox
    A través do menú Ver > Tamaño do texto ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+ " ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Premendo Ctrl= restablécese o texto ao tamaño normal.
  • Opera 7 e superior
    A través do menú Ver > Escala ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Lector de contidos

A maíoría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita que facilita o acceso aos mesmos a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.

Alto contraste

Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.