Novas
-
A Consellería de Cultura e Educación promoverá o cine galego no festival ‘Marché du film’ de Cannes
16.05.2012
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, estará presente na cidade francesa para apoiar o traballo desenvolvido polo audiovisual galego. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a promoción do audiovisual galego no Marché du Film, o mercado cinematográfico máis importante do mundo, que terá lugar no marco da 65 edición do Festival Internacional de Cine de Cannes (Francia), do 16 ao 25 de maio. A este certame está previsto que acuda o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen se reunirá con diferentes produtores e asociacións para respaldar os traballos... Máis información
-
A programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas achégalles a figura de Paz-Andrade a milleiros de cidadáns e cidadás de Galicia e do Exterior
15.05.2012
O conselleiro de Cultura e Educación presentou o pasado sábado as múltiples actividades coas que o Goberno galego contribúe á difusión da obra e da biografía do autor, así como á posta en valor da lingua e da literatura galegas. O día 17 de maio, a Xunta sumarase ás celebracións institucionais cun acto no CIFP Valentín Paz-Andrade de Vigo ás 13:30 horas. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou este sábado na Cidade da Cultura de Galicia o programa de actividades promovidas pola Xunta de Galicia para dar a coñecer a figura de Valentín Paz-... Máis información
-
ESCOLAS ABERTAS 2012: CORRECCIÓN DE ERROS NOS LISTADOS
15.05.2012
Erro na relación de Baile tradicional galego. Informamos dun erro no listado de admitidos/as no obradoiro de Baile tradicional galego durante o proceso de formateo do arquivo para a súa publicación neste portal GaliciaAberta https://emigracion.xunta.es. O erro está subsanado e xa aparece a relación completa de 20 persoas admitidas, cando con anterioridade só figuraban 15.
Lamentamos as molestias causadas.
O equipo de GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.es
Máis información
-
Doce títulos conforman a posta en marcha da Biblioteca Dixital da Galeguidade
13.05.2012
A iniciativa, desenvolvida pola Secretaría Xeral da Emigración, permite que as obras cheguen á e ao lector de calquera lugar do mundo. A Xunta aproveita as novas tecnoloxías, máis respectuosas co Medio Ambiente, para espallar a creación literaria relacionada coa diáspora. En cumprimento do seu obxectivo fundamental de achegar os recursos –tamén os culturais- á cidadanía no Exterior, a Secretaría Xeral da Emigración ven de poñer en marcha a Biblioteca Dixital da Galeguidade, que permitirá a consulta e baixada dos volumes que se vaian colgando na mesma.
Un total de doce obras configuran o... Máis información
-
Benestar outorgou en Lalín 22 axudas de emerxencia social entre xaneiro e abril
12.05.2012
O presuposto municipal do 2012 para atender casos de primeira necesidade ascende a 15.000 euros. O Concello de Lalín outorgou durante o primeiro cuadrimestre do ano un total de 22 axudas de emerxencia social, tramitadas a través do departamento municipal de Benestar e Emigración. Desa cifra, o 60% correspondeu a persoas de nacionalidade española, mentres o 40% restante eran naturais doutros países.
O presuposto municipal do 2012 para atender casos de primeira necesidade ascende a 15.000 euros, dos que 10.000 se reparten entre persoas de nacionalidade española e 5.000 entre as estranxeiras.... Máis información
-
A Secretaría Xeral da Emigración expresa o seu pesar polo falecemento en Bos Aires de Manuel Cordeiro Monteagudo
11.05.2012
O traballo do recoñecido artista plástico galego estivo presente en moitas das entidades da colectividade no Río da Prata. A Secretaría Xeral da Emigración lamenta o pasamento na capital porteña do pintor, debuxante e escultor Manuel Cordeiro Monteagudo e expresa as súas condolencias, en nome da sociedade galega, á súa familia e persoas achegadas.
Datos biográficos
Manuel Cordeiro Monteagudo naceu na cidade de A Coruña o 19 de xaneiro de 1927. Cursou os seus estudios primarios na escola herculina e dende rapaz comezou a facer o seu nas carreiras pedestres. Foi así que alcanzou o grado de... Máis información
-
Romay Beccaría, Camba e Ónega avalan a presentación da biografía do ex presidente venezolano Luis Herrera Campíns
11.05.2012
Asinada por Ramón Guillermo Aveledo, responsable da Mesa de la Unidad de Venezuela. O presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba Bouzas, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, acompañaron onte ao político, profesor, escritor, de ascendencia galega e secretario executivo da Mesa de la Unidad Democrática de Venezuela Ramón Guillermo Aveledo na presentación do seu libro "El llanero solidario. Verdades ignoradas sobre Luis Herrera Campíns y su tiempo", dedicado á vida e obra de quen foi... Máis información
-
Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter
09.05.2012
Onte foi presentado pola secretaria xeral da Igualdade nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. O obxectivo da comunicación corporativa a través destas plataformas é invitar á corresponsabilidade de toda a sociedade e a vivir a igualdade en primeira persoa. Susana López Abella presentou na mañá de onte en rolda de prensa o proxecto de comunicación da Secretaría Xeral da Igualdade en redes sociais, que a partires de hoxe está presente en facebook, tuenti e twitter.
Igualdadenarede
Baixo ese slogan, a Secretaría Xeral adéntrase nas redes sociais, como continuación dunha primeira fase... Máis información
-
Xesús Vázquez Abad ensalza a figura de Valentín Paz-Andrade nun encontro coa Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña
08.05.2012
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacou a importancia da faceta empresarial do autor ao que Galicia lle dedica o Día das Letras Galegas. Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz-Andrade, acompañou a Vázquez Abad neste acto que reuniu en Barcelona medio cento de empresarias e empresarios galegos e cataláns. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou onte nun encontro coa Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT). Na xuntanza, Xesús Vázquez Abad estivo acompañado por Alfonso Paz-Andrade, fillo... Máis información
-
Un libro reúne as fontes e arquivos para o estudo dos movementos migratorios
07.05.2012
Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez abordan o Arquivo da Emigración Galega. O Grupo España Exterior, que xa publicou varios tomos dedicados á emigración, acaba de editar o volume La memoria de la emigración, un libro cuxo subtítulo explica a súa vocación de servizo académico e para facilitar o traballo a estudosos: Fontes históricas, centros e arquivos para o estudo dos fluxos migratorios españois.
O volume está coordinado polo profesor galego X. Amancio Liñares, quen tamén asina unha guía de lectura da obra e unha bibliografía sobre a emigración española na historia... Máis información