Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina

Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza.

Reitera a importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega no país de cara á Década Xacobea.

  • O presidente da Xunta remata hoxe a súa viaxe institucional ao país suramericano
    O presidente da Xunta remata hoxe a súa viaxe institucional ao país suramericano

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 4 de maio de 2024.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Jorge Macri, durante o cal ambos representantes institucionais abordaron cuestións de intereses para a capital arxentina e para Galicia, así como para a colectividade galega que reside na cidade. De feito, Arxentina é o país do mundo no que máis galegos viven, moitos deles en Bos Aires.

O titular do Goberno galego, que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais”, ao mesmo tempo que reiterou a necesidade de seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza.

Neste sentido, referendou o carácter “amigable” do galegos e tamén da Administración autonómica, co único obxectivo de “tender pontes porque entendemos perfectamente que para que nos poñan as cousas fáciles, a educación, a responsabilidade e a corrección institucional son algo absolutamente fundamental”.

Fin da viaxe
Con esta reunión, que se suma ás mantidas esta mesma mañá co subsecretario de Pesca da Nación e representantes de empresas pesqueiras, remata a viaxe institucional do presidente da Xunta, a primeira desde que tomou posesión esta lexislatura.

Ademais de manter encontros coa colectividade galega, a visita tivo unha importante vertente económica co obxectivo de reforzar as vías de comunicación e apoio ás empresas que traballan no país.

Do mesmo xeito, Rueda insistiu na importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega na Arxentina de cara á Década Xacobea e para seguir espallando o carácter acolledor dos galegos e o espírito universal do Camiño.

142 lecturas