Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país

Comeza a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior.

Destaca que Galicia é, na actualidade, “unha terra de oportunidades” e anima a colectividade a contribuír na construción “da Galicia do futuro”.

Nesta primeira viaxe ao estranxeiro da lexislatura tamén visitará as instalacións de empresas pesqueiras galegas no país.

Reunirase co xefe de Goberno de Buenos Aires, Jorge Macri; o gobernador da provincia de Chubut, Ignacio Torres, e a embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso.

  • Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 1 de maio de 2024.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá no inicio da súa viaxe por Arxentina, o desexo de reforzar as relacións institucionais, culturais e económicas entre Galicia e este país. “Sempre é bo estreitar lazos”, salientou durante a primeira xornada dunha visita que o levará por diferentes puntos do país ata o vindeiro domingo.

Unha das prioridades para Rueda é manter encontros coa colectividade para coñecer e “agradecer” o traballo que realizan os centros galegos no país e informar de todas as medidas que ten en marcha a Xunta -englobadas na Estratexia Retorna, dotada de 450 millóns de euros- para facilitar o retorno a aqueles galegos do exterior que queren regresar a Galicia. “Imos seguir apoiando aos galegos que están aquí, pero Galicia tamén ten os brazos abertos aos que queren volver a súa terra”, indicou o presidente que fixo fincapé en que a comunidade galega é, na actualidade, “unha terra de oportunidades”.

Ademais, tal e como lembrou o presidente -acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares- visitará ata o vindeiro domingo diferentes empresas pesqueiras de capital galego afincadas na Arxentina para reafirmar o apoio da Xunta ao sector mar-industria, un dos principais motores da economía galega e arxentina. “Somos unha potencia pesqueira e a presenza de empresas galegas na Arxentina é moi importante”, indicou.

Rueda tamén salientou a súa intención de estreitar as relacións institucionais entre Galicia e Arxentina, e anunciou varias reunións que perseguen ese obxectivo, como as que manterá co gobernador da provincia de Chubut, Ignacio Torres, coa embaixadora de España en Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, ou co xefe de Goberno da Cidade Autónoma de Buenos Aires, Jorge Macri.

Reunión coa colectividade
Na súa primeira xornada na Arxentina, o presidente da Xunta mantivo un encontro con representantes de diferentes centros galegos do país, coa intención de compartir o seus obxectivos de esta viaxe e escoitar as peticións e as mensaxes que lle poidan trasladar. Nesta xuntanza deixou claro o interese do Goberno autonómico en que os galegos do exterior que o desexen “contribúan” a construír “a Galicia do futuro”.

152 lecturas