Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Maio2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Padrón, Avión, Palas de Rei e Val do Dubra audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
04Maio2024Rueda reúnese co responsable de Pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas para visibilizar e afianzar a importancia do sector no país audio Traslada a tranquilidade que lle transmitiu López Cazorla ao asegurarlle que as incertezas que había a principios de ano “non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”. Compromete a colaboración, apoio e diálogo da Xunta para cun sector que xera uns 5.500 empregos no país suramericano. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe cadanseu encontro de traballo co... Máis información
-
04Maio2024Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina audio Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza. Reitera a importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega no país de cara á Década Xacobea. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Jorge Macri, durante o... Máis información
-
03Maio2024Rueda traslada o apoio da Xunta ás empresas galegas pesqueiras asentadas na Arxentina audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, continuou hoxe a súa viaxe institucional á Arxentina visitando máis empresas pesqueiras de capital galego asentadas no país. Nesta ocasión, desprazouse a Puerto Deseado, na Patagonia, para coñecer de primeira man as plantas de Vieira Argentina, Argenova e Pesquera Puerto Deseado. Nas visitas, nas que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
-
03Maio2024Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina audio Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte o Centro Galego de Comodoro Rivadavia, un lugar de encontro para a colectividade galega que leva activo desde hai máis dun século. Durante o encontro, resaltou o gran labor que centros coma este realizan desde hai décadas para difundir a lingua e cultura galegas por todo o mundo e,... Máis información
-
03Maio2024A Xunta de Galicia celebra a cultura galega en Ingolstadt coa festa "Galicia en Festa" no festival cinEScultura audio Este sábado, 4 de maio, no marco do festival cinEScultura de Ingolstadt, do cal a Xunta de Galicia é coorganizadora, celebrarase unha gran festa adicada á cultura galega. O evento, denominado "Galicia en Festa", promete unha noite chea de gastronomía, música e diversión. As e os asistentes poderán deleitarse cunha selección de tapas típicas galegas, incluíndo os famosos pementos de Padrón e o chourizo. Ademais, haberá postos ao estilo das... Máis información
-
02Maio2024Rueda pon en valor a importancia social e económica das empresas pesqueiras de capital galego na Arxentina audio A cadea mar-industria galega crea 5.500 empregos neste país. O presidente traslada o apoio da Xunta a un sector que axuda a fixar a marca Galicia Calidade por todo o mundo e no que a comunidade é líder internacional. Reúnese co gobernador da provincia de Chubut, Ignacio Torres, para afianzar as relacións institucionais entre ambas rexións. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a importancia social e económica das empresas... Máis información
-
02Maio2024O escritor e profesor Armando Requeixo, convidado especial no curso en liña de galego da Secretaría Xeral da Emigración audio A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia anuncia a participación especial de Armando Requeixo, destacado membro da comunidade cultural galega, no curso en liña de galego deste vindeiro martes. Este evento inscríbese na serie de iniciativas promovidas pola Xunta para promocionar o uso da lingua pola galeguidade no mundo. O curso, que deu comezo o pasado 16 de xaneiro e contou coa asistencia de diversas personalidades da cultura... Máis información
-
01Maio2024Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país audio Comeza a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior. Destaca que Galicia é, na actualidade, “unha terra de oportunidades” e anima a colectividade a contribuír na construción “da Galicia do futuro”. Nesta primeira viaxe ao estranxeiro da lexislatura tamén visitará as instalacións de empresas pesqueiras galegas no país. Reunirase co... Máis información
-
30Abril2024A Xunta de Galicia colabora na proxección da película 'The Way' no festival cinEScultura para promocionar o Camiño de Santiago audio No contexto da celebración do festival cinEScultura, do que a Xunta de Galicia é coorganizadora, esta tarde terá lugar a proxección da película The Way. O filme, que explora o Camiño de Santiago, será proxectado en versión alemá para facer accesible a súa comprensión ao público local. Este evento ten lugar unha semana despois do éxito dunha conferencia sobre o Camiño de Santiago, tamén realizada en alemán, que xerou un gran interese entre as e... Máis información
Páxinas |