Rueda traslada o apoio da Xunta ás empresas galegas pesqueiras asentadas na Arxentina

  • Imaxe da visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda
    Imaxe da visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

Listen to this page using ReadSpeaker
Puerto Deseado (A Arxentina), 3 de maio de 2024.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, continuou hoxe a súa viaxe institucional á Arxentina visitando máis empresas pesqueiras de capital galego asentadas no país. Nesta ocasión, desprazouse a Puerto Deseado, na Patagonia, para coñecer de primeira man as plantas de Vieira Argentina, Argenova e Pesquera Puerto Deseado.

Nas visitas, nas que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comprometeulles o apoio da Xunta e agradeceu o traballo destas empresas, así como o impacto positivo que xeran ao seu redor.

Reunión co gobernador da provincia de Santa Cruz
Tamén estiveron acompañados polo gobernador da provincia de Santa Cruz, Claudio Vidal, co que o presidente mantivo unha reunión co obxectivo de seguir apoiando o asentamento e integración de empresas galegas na zona, que son esenciais para fortalecer os vínculos entre territorios.

O titular do Executivo galego completa así unha rolda de visitas por empresas galegas que comezou onte en Puerto Madryn nas instalacións de Conarpesa, Iberconsa e Estrella Patagónica. Mañá, sábado, desprazarase a Bos Aires para manter varias reunións institucionais e económicas co fin de continuar reforzando os lazos co país.

112 lecturas