Increméntase un 20% o número de espectadoras e espectadores do exterior ao cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o desenvolvemento deste proxecto e planificar a iniciativa para 2024.

Antonio Rodríguez Miranda, Álvaro Pérez Becerra e Miguel Mariño Lamas, durante a reunión celebrada na sede da SXE
Antonio Rodríguez Miranda, Álvaro Pérez Becerra e Miguel Mariño Lamas, durante a reunión celebrada na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión hoxe co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, no que se analizou o Ciclo de cine Mestre Mateo que puideron desfrutar as e os espectadores do exterior a través da colaboración de ambas entidades con oito centros de América, Europa e resto de España.

En total, máis de 2.000 espectadoras e espectadores, cun crecemento dun 20% en relación a 2.022, residentes en Suíza, Portugal, México, Arxentina, EE.UU, Castela e León, País Vasco e Canarias puideron coñecer o cine galego da man desta iniciativa que continuará no 2024, coas novas películas finalistas e gañadoras dos premios Mestre Mateo deste ano. “Estamos traballando nas bases desta edición que se presentará nos próximos días”

Na reunión de hoxe estivo presente tamén o director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño Lamas.

Esta iniciativa xurdiu a comezos de 2022 a través dun acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual co obxectivo de achegar o cine feito en Galicia ao exterior a través das entidades galegas espalladas por todo o mundo.

307 lecturas