Emigración inaugura en Lisboa o novo Ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome. 

  • O secretario xeral da Emigración, o director da Academia Galega do Audiovisual e o presidente do Centro Galego de Lisboa inauguraron, coa proxección do filme de animación 'Valentina', o Ciclo Mestre Mateo 2023
    O secretario xeral da Emigración, o director da Academia Galega do Audiovisual e o presidente do Centro Galego de Lisboa inauguraron, coa proxección do filme de animación "Valentina", o Ciclo Mestre Mateo 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
Lisboa (Portugal), 12 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, e o presidente do Centro Galego de Lisboa, Jesús Luis Bescos, o  ciclo de cine Mestre Mateo no edificio da entidade galega na capital de Portugal. Esta iniciativa levará oito películas e documentais finalistas nos premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través da colaboración con centros de América, Europa e resto de España.  

Esta iniciativa xurdiu do acordo en 2022 entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual que permite achegar o cine feito en Galicia ás e aos galegos do exterior a través de oito entidades, entre os meses de maio e novembro. No caso do presente ano, os centros que colaborarán neste ciclo serán o Centro Gallego de Álava, o Centro Gallego de Rosario na Arxentina, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de México, o Centro Gallego de Salamanca, a Sociedade Galega Sementeira de Suíza e o Centro Español La Nacional de Manhattan.

O secretario xeral da Emigración agradeceu a colaboración do Centro Galego de Lisboa por colaborar neste ciclo e “permitir así achegar a nosa cultura, neste caso, o noso cine, aos galegos residentes en Lisboa e tamén aos veciños en xeral da capital do noso país veciño”.   

A programación deste ciclo inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e O corpo aberto, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo. O resto de títulos que conforman o ciclo son o documental A foreign song; o thriller Código Emperador; o documental No somos nada; o filme de animación Valentina e o documental Onde máis doe.  

404 lecturas