A figura de Castelao centra o acto do Centro Gallego de Montevideo ao que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez

Imaxe da homenaxe a Castelao celebrada na capital uruguaia
Imaxe da homenaxe a Castelao celebrada na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 17 de febreiro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto cultural organizado polo Centro Gallego de Montevideo centrado na figura de Castelao. Baixo o título Castelao, un galego universal, un cento de asistentes puideron coñecer algo máis da figura e da obra do insigne escritor, político e debuxante galego.

No acto estivo presente o presidente do Centro Gallego de Montevideo, Ramón Lorenzo, tamén a presidenta da Federación de Instituciones Gallegas, María Charo Gil, e o presidente do Patronato da Cultura Galega, José Piñeiro. A conferencia correu a cargo da directora da Cátedra Magallanes da Universidad Católica del Uruguay, Silvia Facal. Elvira Domínguez felicitou tanto á relatora como á Comisión de Cultura do Centro Gallego de Montevideo porque “eventos coma este permítennos coñecer outras facetas de Castelao, o noso galego universal, xa que puidemos coñecer tanto o seu itinerario vital, como intelectual”.  

300 lecturas