A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao 53º aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo

  •  Imaxe da celebración do 53º aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo
    Imaxe da celebración do 53º aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 15 de novembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración do 53 aniversario do Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo, acompañando ao presidente da entidade, Pedro Miras.

No acto estivo tamén presente a cónsul xeral de España no Uruguai, María Victoria Scola. A delegada da Xunta  felicitou á entidade e os seus socios e socias polo apoio á cultura e o idioma galego durante todos estes anos e aproveitou para recordar que as galegas e galegos universitarios en Uruguai interesados en obter unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que permite estudar un máster nunha universidade galega poden xa ir preparando a súa documentación de cara á nova convocatoria.  

358 lecturas