Emigración felicita á Irmandade Galega de Rubí polo seu traballo de divulgación do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade catalana

  • Emigración felicita á Irmandade Galega de Rubí polo seu traballo de divulgación do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade catalana

Listen to this page using ReadSpeaker
Rubí (Barcelona), 11 de novembro de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración felicitou á Irmandade Galega de Rubí polo proxecto de investigación e potenciación do Camiño de Santiago que hoxe se presentou ao longo dunha xornada centrada en dar a coñecer esta labor desenvolvida polo centro galego e o propio concello catalán. “Bailes do Camiño, de Europa a Galicia”, ten coma obxectivo dar a coñecer as tradicións culturais galegas e a súa vinculación coas de toda Europa a través da revitalización do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio.

A xornada contou coa participación duns 300 asistentes que desfrutaron da gastronomía tradicional galega e participaron de forma activa nun baile dirixido por profesionais de danza galega e tamén de bailes tradicionais europeos, facendo así unha metáfora entre a música e o Camiño de Santiago. Durante o acto presentouse a documentación que acredita a existencia desta vía por Rubí, vía que será posteriormente sinalizada nos seus diferentes tramos. A irmandade Galega de Rubí é centro promotor do Camiño de Santiago.

301 lecturas