Emigración felicita á iniciativa da Asociación Galega “Residentes de Mos” na promoción do Camiño de Santiago en Bos Aires
A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar á iniciativa da Asociación Galega Residentes de Mos, localizada en Bos Aires, pola promoción do Camiño de Santiago, o Camiño Xacobeo “mosense”, a través da gravación dun vídeo percorrendo os principais lugares con representación galega da capital arxentina.
Deste xeito, a actividade dividiuse en dúas rutas: o Camiño Sur, dende a sede da propia entidade, e o Camiño Norte, iniciándose no Centro Galicia de Bos Aires. Durante o traxecto, os asistentes seguiron as cunchas de peregrinación e foron cubrindo a unha equivalencia á credencial do Camiño durante as distintas paradas. Ambos camiños atopáronse na mouteira do Camiño de Santiago no barrio de Puerto Madero e finalizaron o evento cunha actuación de baile e música tradicional galega.
Novas relacionadas