A delegada da Xunta en Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo

  • A delegada da Xunta en Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 20 de abril de 2023.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos polo Día das Artes Galegas celebrados no Patronato da Cultura Galega de Montevideo e que este ano homenaxeou ao trobador vigués Martín Códax. No acto estivo tamén presente o presidente da entidade, José Piñeiro.

Durante a xornada, as relatoras Ana Lorenzo e Carmen Lorenzo, falaron sobre a importancia deste autor para a lingua galega e para a lírica galaico-portuguesa, os diferentes tipos de cantigas e o pergamiño Vindel así como todo o que envolveu culturalmente a aquela época, como os instrumentos musicais medievais do Pórtico da Gloria. O acto finalizou coa presentación de Francisco Antelo, director do oro do Patronato, que entoou a cantiga de amigo “Ondas do mar de Vigo”.

311 lecturas