Listado de candidatos ordenado por puntuación no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
1228 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co disposto no artigo 11 da Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e, se procede, á convocatoria de 100 Bolsas Excelencia Mocidade do Exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega,  procedese á publicación da:

Lista de candidatos/as ordenada polas puntuacións outorgadas Lista de candidatos/as ordenada por orde alfabético de apelido
Descargar Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.3 da resolución da convocatoria.

 

SEGUINTES TRÁMITES:

1) Xustificante de estar matriculado nun máster

Os candidatos teñen de prazo ata o día 10 de agosto 2018 ás 24:00 horas (hora peninsular española) para enviar o xustificante de estar matriculado nun máster dos ofertados na convocatoria e envialo a través da aplicación informática.

2) A resolución de concesión da bolsa será a finais de agosto/principios de setembro e terá dúas listas:

  • Lista de beneficiarios:

A bolsa concederase ás 100 persoas que teñan a puntuación máis alta de todos os candidatos que acreditasen estar matriculados nun máster.

  • Lista de suplentes:

Estará formada por aqueles candidatos á bolsa que acreditasen estar matriculados nun máster e non resultasen beneficiarios, ordenada pola puntuación outorgada, para o caso de renuncia ou baixa dalgunha persoa adxudicataria.

Data de publicación: 
13.07.2018
Data fin de prazo: 
10.08.2018