Beneficiarios/as, suplentes e solicitudes denegadas do programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
1364 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 100 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega:

  • Resolución no DOG: picar aquí para descargar
  • Resolución do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de tres bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, da lista de persoas suplentes: picar aquí para descargar
  • Corrección de erros: picar aquí para descargar
  • Resolución do 5 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de catro bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, da lista de persoas suplentes: picar aquí para descargar
  1. Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 27 de agosto: picar aquí para descargar
  2. Listado de suplentes ordenada polas puntuacións outorgadas, para o caso de renuncia ou baixa dalgunha persoa adxudicataria e que figuran no Anexo II da  Resolución do 27 de agosto: picar aquí para descargar
  3. Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou non achegaron a documentación preceptiva, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da resolución do 27 de agosto: picar aquí para descargar

Contra a Resolución do 27 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data publicación no Diario Oficial de Galicia: 03.09.2018

Data de publicación: 
03.09.2018