Resolución concesión: Listados de beneficiarios/as, suplentes e excluídos/as - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior BEME 2019
De conformidade co artigo 11 da Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 150 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria de bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega (DOG núm 168, do 5 de setembro):
- Resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG): picar aquí para descargar
- Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.
- Listado de suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas, para o caso de renuncia ou baixa dalgunha persoa adxudicataria e que figuran no Anexo II da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.
- Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria, non achegaron a documentación preceptiva ou non acadaron un número de orde que lles permite formar parte da lista de persoas beneficiarias ou suplentes , sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da Resolución do 30 de agosto: picar aquí para descargar.
Contra a Resolución do 30 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
- Resolución do 14 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de once bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega da lista de persoas suplentes: picar aquí para descargar