Son galego/a residente no exterior e quería saber se existe preto de onde vivo algunha entidade onde se reúnan outros galegos e galegas.

No apartado do Rexistro da Galeguidade pódese atopar un completo directorio dos centros galegos espallados por todo o mundo, que levan a cabo diversas actividades culturais, recreativas e mesmo nalgúns casos asistenciais e sanitarias.

Tamén existe unha relación de asociacións de retornados e retornadas radicadas en Galicia, que desenvolven actividades culturais, asistencias, formativas etc…