Son emigrante e estou pasando por unha situación de precariedade económica, existe algunha axuda por parte da administración autonómica galega?

A Secretaría Xeral da Emigración conta cun programa de axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a galegos e galegas residentes no estranxeiro, e a determinados familiares, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.

Para obter máis información pódese remitir un correo-e a través do formulario de contacto do portal.