Que requisitos debo cumprir?

1) No momento de solicitar a bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española. 
  • Residir fóra de España. 
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
  • Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras :
    a) Ser persoa emigrante nacida en Galicia
    b) Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar .
    c) Ser descendente por consanguinidade (fillo/a, neto/a, bisneto/a...) dunha persoa nacida en Galicia.
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica ou outro expresamente declarado equivalente, que dea acceso a un máster universitario. 
  • No caso das persoas nacidas fóra de Galicia, estar vinculado/a a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro). Este requisito poderase acreditar con posterioridade á data de presentación das solicitudes.

2) Requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa.

  • Estar matriculado/a no curso 2024/25 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial ou semipresencial.