Como podo estar informado/a ao día das últimas publicacións de GaliciaAberta?

Ademais da consulta habitual da nosa web, o portal GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.gal dispón dun servizo de subscrición por correo-e co que diariamente se pode estar ao tanto das novas, axudas ou eventos de axenda publicados no portal. Este servizo pódese atopar na páxina de inicio do portal.

Así mesmo existe a posibilidade de seguir a GaliciaAberta nas redes sociais facebook, twitter, youtube e flickr.