Xacarandaina leva a María Pita o pasado emigrante de Galicia

Audiovisuais do CGAI e escenificacións de labores do agro fan retroceder ás e aos espectadores a mediados do século pasado.

Listen to this page using ReadSpeaker

A escasos metros de onde se tomou a imaxe máis representativa da emigración a ultramar dos galegos e as galegas, recollida por Manuel Ferrol no porto coruñés, presentouse o sábado 11 de agosto Galicien Amerika Linie, o último espectáculo da Asociación Cultural Xacarandaina.

Máis alá da música e o baile tradicionais, a representación serviu para render homenaxe a todas aquelas persoas que marcharon por necesidade e para recrear o mundo rural que deixaron atrás.

Pezas populares serviron para que o público se introducise na historia recente que marcou á sociedade galega e os audiovisuais, con material do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), para dar fe dun pasado que segue moi presente.

924 lecturas