Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración regresan aos seus países de orixe tras unha semana de andaina percorrendo Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023.

O medio centenar de mozos e mozas participantes no programa Conecta co Camiño partiron nas últimas horas cara aos seus países de orixe tras unha semana de andaina percorrendo Galicia. Estes galegos do exterior, de entre 18 e 20 anos, proceden de diversos países con gran presenza da colectividade galega como Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil.

Este programa, realizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, permitiu que os participantes realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. Descubriron así a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen, e que coñecéndoa poidan decidir retornar a Galicia. Para moitos deles e delas supuxo a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

286 lecturas