O secretario xeral da Emigración recalca e renova o compromiso de Galicia coas e cos seus paisanos na diáspora na súa intervención ante o pleno do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior

Rodriguez Miranda, durante o plenario do CGEEE
Rodriguez Miranda, durante o plenario do CGEEE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017.

Reproducimos en tres bloques sonoros a intervención do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no plenario do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior, celebrado os días 30 e 31 de xaneiro en Madrid, intervención na que lembrou o alto grao de compromiso da Administración autonómica para cos galegos e galegas do Exterior. Miranda afirmou que ese compromiso constante renovarase e incrementarase no futuro.

No primeiro bloque sonoro, pódese escoitar o seu recoñecemento expreso a distintas persoas e institucións que axudaron na tarefa da Secretaría (cunha especial lembranza a Amarelo de Castro) e un breve balance do traballo feitos nos últimos meses no departamento que dirixe  (picar aquí para descargar).

No segundo bloque sonoro o secretario xeral céntrase en dous asuntos de actualidade, a necesaria reforma da Lei Electoral e a situación da diáspora en Venezuela (picar aquí para descargar).

E finalmente no terceiro, Rodríguez Miranda debulla algunhas das prioridades do departamento que dirixe para o futuro (picar aquí para descargar).

2047 lecturas