O secretario xeral da Emigración mantén un encontro coa presidenta do Consello da Cultura Galega

  • Imaxe da reunión celebrada na sede do CCG en Santiago de Compostela
    Imaxe da reunión celebrada na sede do CCG en Santiago de Compostela
  • Imaxe da reunión celebrada na sede do CCG en Santiago de Compostela
    Imaxe da reunión celebrada na sede do CCG en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro coa presidenta, Rosario Álvarez Blanco, e o vicepresidente, Xosé Manuel Núñez Seixas, do Consello da Cultura Galega. Unha reunión que ten servido de punto de partida para retomar a colaboración institucional logo do recente nomeamento de Rodríguez Miranda a semana pasada. 

Neste marco, o encontro permitiu establecer as bases de colaboración de cara á nova lexislatura, coa vontade de reforzar o frutífero traballo conxunto que veñen desenvolvendo estes últimos anos entre o Consello e a Secretaría Xeral.

Un esforzo conxunto que, como salientou Miranda, susténtase na “idea común de poñer en valor a nosa terra e a nosa cultura en todo o mundo”. 

427 lecturas