O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas
A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas.
Cabe destacar que os datos da poboación máis nova son tamén positivas, acadándose un saldo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron.
A Estatística de Variacións Residenciais (EVR), publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), confirman a tendencia do saldo migratorio de Galicia, que presenta en 2021 un signo positivo de 14.448 persoas.
Os datos do ano pasado demostran que, durante o segundo ano da covid-19, no que se mantiveron certas restricións de mobilidade, recuperouse o retorno, pasando de 3.842 en 2020 a 5.381 persoas de nacionalidade española que entraron na comunidade autónoma.
Segundo a estatística realizada polo INE e recollida polo Instituto Galego de Estatística, os datos de 2021 para Galicia mostran que aumentaron as saídas cara a outras comunidades autónomas, pero aumentando tamén as entradas, co que o saldo migratorio con respecto ao resto de España foi de 3.251 persoas.
Segundo a nacionalidade das e dos individuos, nos movementos co resto de España aumentan as entradas en Galicia de españois e españolas nun 5,2%, mentres diminúen nun 10,1% a de estranxeiras e estranxeiros.
En relación aos movementos co estranxeiro, no 2021 aumentaron en relación ao ano anterior ao permitirse máis a mobilidade, pero o saldo seguiu, pese a todo, a ser positivo, chegando a superar ás 11.000 persoas.
En canto á poboación máis nova, cómpre destacar que nas variacións residenciais das e dos que teñen entre 16 e 34 anos en 2012 deuse un saldo positivo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron.
Deste xeito, segundo estes datos, o retorno segue a avanzar en cifras prepandémicas, preto das que se recolleron en anos anteriores á Covid.
Novas relacionadas