O Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior elixe a José Manuel Castelao Bragaña como novo Presidente

I Pleno do VI Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior, en Santiago de Compostela.

Ratificando a proposta da ministra de Empleo y Seguridad Social, Fátima Báñez.

O Pleno abordará, ademais, a proposta do Regulamento de funcionamento do Consejo e a elección das persoas integrantes das Comisións Delegadas e da Comisión Permanente.

Listen to this page using ReadSpeaker
1 de outubro de 2012.

Jose Manuel Castelao Bragaña. Foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.O Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior que celebra hoxe e mañá, en Santiago de Compostela, o I Pleno do seu VI Mandato, proclamou hoxe novo Presidente a José Manuel Castelao Bragaña (Valga, Pontevedra, 1941), ratificando así a proposta realizada pola ministra de Empleo y Seguridad Social, Fátima Báñez.

Na súa presentación, a secretaria General de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, resaltou a figura e grande experiencia de José Manuel Castelao no ámbito da emigración española, a súa "capacidade de concordia e consenso", así como a súa dedicación aos españois e es`pañolas no exterior. José Manuel Castelao "fixo da dedicación aos españois no exterior unha razón vital", afirmou a secretaria xeral.

O Consejo, que finalizou o seu V Mandato en setembro de 2011, levou a cabo a súa renovación mediante os correspondentes procesos electorais para a designación das e dos Conselleiros Xerais deste VI Mandato. O mandato das e dos seus membros ten unha duración de catro anos.

Ademais da aprobación da proposta de novo Presidente, o Consejo abordará tamén a proposta do Regulamento de funcionamento e a elección das persoas integrantes das Comisións Delegadas e da Comisión Permanente.

Previsto no Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, aprobado pola Lei 40/2006, do 14 de decembro, o Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior é un órgano de carácter consultivo e asesor, adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

A súa finalidade é garantir a efectividade do dereito dos españois e das españolas residentes no exterior a participar nos asuntos que lles concirnen e promover a colaboración das Administracións públicas en materia de atención á cidadanía española no exterior e persoas retornadas.

O Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior compóñeno as e os conselleiros xerais, que son elixidos polos Consejos de Residentes Españoles en el Exterior (CRE), as persoas representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas, as e os das federacións de asociacións no exterior, os nomeados e nomeadas en representación de cada unha das Comunidades e Cidades Autónomas, e as persoas designadas en representación de Departamentos ministeriais.

Tamén forman parte do citado órgano o seu Presidente, dous Vicepresidentes -a secretaria xeral de Inmigración e Emigración e o subsecretario do Ministerio de Asuntos Exteriores- e un Secretario, cargo que exerce o director xeral de Migracións.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social | Foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

1092 lecturas