Núñez Feijóo resalta o esforzo exhibido pola selección española de balonmán, que integra a galega Begoña Fernández, para facerse co bronce olímpico

A galega Begoña Fernández acada co combinado español a medalla de bronce en Londres 2012, logo da vitoria da selección española de balonmán ante Corea do Sur

A súa medalla é a cuarta para o deporte galego nestes Xogos Olímpicos

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de GaliciaO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o espírito competitivo e o esforzo que exhibiu a selección española de balonmán, que integra a viguesa Begoña Fernández, para conseguir a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres, logo da vitoria do combinado español ante a selección de Corea do Sur.

Feijóo subliñou o “histórico día” que o pasado sábado viviu o deporte galego feminino que, a esta medalla de bronce suma o ouro acadado polas regatistas galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, e o diploma olímpico da padexeira Teresa Portela. Esta medalla supón, ademais, a cuarta do deporte galego nestes Xogos. Alberto Núñez Feijóo trasladou, especialmente, as súas felicitacións á internacional pivote galega, que disputa nesta edición os seus primeiros Xogos Olímpicos.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, celebrou que o equipo nacional puidese facerse co bronce e resaltou o “extraordinario rendemento” de Begoña Fernández nos Xogos, “onde ten ostentado magnificamente a capitanía do combinado español”, remarcou.

958 lecturas