Miranda visita o Centro Galego de Castelló e anímao a seguir difundindo a cultura galega

Imaxe deste mediodía na capital da Plana
Imaxe deste mediodía na capital da Plana
Listen to this page using ReadSpeaker
Castelló, 12 de xullo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este mediodía o Centro Galego de Castelló “O Aturuxo”, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias. A continuación, o responsable do departamento autonómico desprazarase ata Valencia, cidade na que visitará as instalacións do Centro Galego da capital valenciana, e ata Alacant, onde mañá participará na celebración do Día de Galicia. Nelas terá oportunidade de reunirse coas e cos responsables e usuarios e usuarias da entidade e animaraas a seguir difundindo a cultura galega entre a colectividade de orixe galega. 

589 lecturas