Festival cinEScultura destaca o cine galego: Proxección de 'Matria' con Álvaro Gago

O festival cinEScultura está organizado polo Centro Español de Ingolstadt
O festival cinEScultura está organizado polo Centro Español de Ingolstadt
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024.

Este xoves e venres levarase a cabo a proxección da película Matria en Ingolstadt e Regensburg, no marco do festival cinEScultura que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O seu director, Álvaro Gago, estará presente para facer a presentación do filme e participará na charla-debate que seguirá ás proxeccións.

Ademais, o director galego é membro do xurado dos 12º Premios de Curtametraxes, que se celebrarán o 25 de abril. Contaremos tamén coa presenza de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023. 

Vén e forma parte das charlas-debate e descubre a riqueza do noso cine en pleno corazón de Alemaña. Non perdas a oportunidade de conectar coa cultura galega e apoiar o talento da nosa terra!

Máis información do Festival cinEScultura en www.centroespanoldeingolstadt.de/cinescultura.

175 lecturas