Emigración recorda que o Celga 1 en Liña permite a autoformación en lingua galega para todos os galegos do exterior

Os interesados poden facer estes cursos independentemente do lugar onde residan e do momento que poidan dedicarlle.

Emigración recorda que o Celga 1 en Liña permite a autoformación en lingua galega para todos os galegos do exterior
Emigración recorda que o Celga 1 en Liña permite a autoformación en lingua galega para todos os galegos do exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que a Xunta de Galicia conta cun sistema para a autoformación en lingua galega da que se poden beneficiar todos os galegos do exterior. A través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o Celga 1 en liña  permite achegar o aprendizaxe do galego á ciudadanía, independientemente do lugar onde residan e do momento que poidan dedicarlle.

Esta nova ferramenta está accesible desde o Portal da Lingua Galega a través do enlace seguinte: https://formacion-lingua.xunta.gal/login/index.php

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda a importancia desta medida para os galegos e galegas do exterior, que poden así acceder a uns cursos regrados que lles permiten “mellorar a nosa lingua fóra das nosas fronteiras, mantendo así un vínculo esencial coa súa terra e coas súas orixes”.

O feito de que agora contemos cunha ferramenta así, facilitará aínda máis esta aprendizaxe, coa que optar a un título oficial que lles permita competir en igualdade de condicións, desde o punto de vista lingüístico, co resto de galegos e galegas, “algo especialmente importante no caso dos emigrantes que desexen retornar a Galicia, e tamén para os nosos bolseiros Bemes, que veñen cada ano a Galicia facer un mestrado nunha das nosas universidades”.

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao MECRL e está configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, que recollen as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas.

Estes certificados permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego aos efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos, e obtéñense mediante un exame (agás o nivel 5) convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, aínda que tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

 

779 lecturas