Emigración publica unha selección das fotografías do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense

O XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrouse en Ourense o 22 e o 23 de setembro
O XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrouse en Ourense o 22 e o 23 de setembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas que se celebrou esta pasada fin de semana en Ourense. 

A Xunta de Galicia reuniu así a representantes de 80 entidades do exterior nun pleno que foi inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e no que se recoñeceu o importante labor de preservación e divulgación da cultura e tradicións galegas que 19 delas veñen levando a cabo desde fai máis dun século. O plenario centrou, posteriormente, o seu traballo no papel da emigración no eido cultural e social, así como na aposta decidida polo retorno e a galeguidade.  

430 lecturas