Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Conecta con Galicia como homenaxe aos participantes

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo dedicado aos 60 participantes no programa Conecta con Galicia que durante o mes de xullo e de agosto puideron coñecer a nosa comunidade autónoma a través desta iniciativa realizada en colaboración coa Consellería de Política Social.

Estes mozos e mozas galegos residentes en Brasil, Venezuela, Suíza, Arxentina, Uruguai e México, distribuíronse en dúas quendas e participaron nas actividades de ocio e lecer no mar organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude no campamento xuvenil de Gandarío. Tamén visitaron diversos lugares turísticos emblemáticos de Galicia e coñeceron varias empresas e asociacións para achegarse ao tecido económico galego.

362 lecturas