A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos de celebración do Día da Hispanidade en Montevideo

  • Imaxe da celebración do Día da Hispanidade en Montevideo
    Imaxe da celebración do Día da Hispanidade en Montevideo
  • Imaxe da celebración do Día da Hispanidade en Montevideo
    Imaxe da celebración do Día da Hispanidade en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 18 de outubro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración polo día da Hispanidade en Montevideo, que tivo lugar na sede da Embaixada de España na capital do país americano. Ademais, e organizado pola Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay (FIEU), levouse a cabo unha ofrenda floral no monumento a Isabel de Castilla e José Artigas na praza da Independencia. 

Nestes actos tamén estiveron presentes, entre outras autoridades españolas e uruguaias, o embaixador de España no Uruguai, Javier Gómez-Llera y García-Nava, a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, o viceministro de Defensa coronel retirado, Rivera Elgue, o viceministro de Trabajo y Seguridad Social, Mario Aristy, e o presidente da FIEU, Jorge Torres.

223 lecturas