Ciclo "Galicia é cine", en Río Gallegos

Listen to this page using ReadSpeaker
171 lecturas

Galicia é cine é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se ubican, amosando a tradición e a vangarda do noso cine.

Trátase dun ciclo de cinema con longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se exhibirán en diferentes países de Latinoamérica e Europa, unha actividade dirixida ás colectividades galegas e tamén ao público en xeral, para promocionar internacionalmente as producións audiovisuais da nosa terra.

Entidade organizadora en Río Gallegos: Centro Gallego de Río Gallegos

Reserva de entradas: centrogallegoriogallegos@gmail.com (entrada libre ata completar aforo)

PROGRAMACIÓN:

Filme: Cuñados

  • Data e hora: Xoves, 12 de outubro, 20:30 h
  • Cartel: Descargar

Filme: Ons

  • Data e hora: Venres, 20 de outubro, 20:30 h
  • Cartel: Descargar

Filme: A Esmorga

  • Data e hora: Venres, 27 de outubro, 20:30 h
  • Cartel: Descargar

Filme: O que arde

  • Data e hora: Venres, 3 de novembro, 20:30 h
  • Cartel: Descargar

Filme: Matria

  • Data e hora: Venres, 10 de novembro, 20:30 h
  • Cartel: Descargar

Dossier: Descargar

Máis info: Facebook | Instagram

Vídeo promocional

Ciclo "Galicia é cine", en Río Gallegos
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Secretaria Xeral da Emigración
Fundación Araguaney-Puente de Culturas
Centro Gallego de Río Gallegos
Data: 
12.10.2023
20.10.2023
27.10.2023
03.11.2023
10.11.2023
Hora: 
20:30
Lugar:
Centro Gallego de Río Gallegos
9 de Julio, 52
Río Gallegos - 9400Santa Cruz
Arxentina
booked.net