Listaxes provisionais dos/as solicitantes admitidos/as e excluídos/as para a participación no programa Conecta co Camiño 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
491 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DOS SOLICITANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CO CAMIÑO (PR930D) 2023, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DE 5 DE MAIO DO 2023 (DOG NUM. 93 DO 16 DE MAIO).

En aplicación do acordado pola Comisión de Avaliación, e de conformidade co disposto no artigo 9.3  da Resolución do 5 de maio de 2023 desta Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Conecta co Camiño e convoca as do ano 2023, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por países, sinalando, no derradeiro caso, as causas de inadmisión e, no suposto das admitidas que presentaran a solicitude con erros ou sen a documentación complementaria preceptiva, o correspondente requirimento.

A fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando na cadro que corresponda:

PAÍS LISTADOS DATA PUBLICACIÓN PRAZO DE EMENDA DA SOLICITUDE
Arxentina Descargar 22 xuño 2023 Ata o 6 de xullo 2023
Brasil Descargar 22 xuño 2023 Ata o 6 de xullo 2023
Cuba Descargar 22 xuño 2023 Ata o 6 de xullo 2023
Uruguai Descargar 22 xuño 2023 Ata o 6 de xullo 2023
Venezuela Descargar 22 xuño 2023 Ata o 6 de xullo 2023

 

Os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora no país de residencia, que se encargará da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración, ou se non hai, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.


* ADVERTENCIA: Por problemas técnicos que están en vías de solución, pode ocorrer que parte da documentación presentada non fora correctamente recibida e lle sexa requirida. Se xa foi entregada na entidade colaboradora, non é necesario facelo de novo.

Data de publicación: 
22.06.2023
Data fin de prazo: 
06.07.2023
Convocatoria asociada: