Listaxes provisionais das solicitudes requiridas, admitidas e excluídas do programa “Aventúrate con Galicia”. Ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
697 lecturas
Listados para descargar e modelo para formular alegacións
Estado: 
Procedemento pechado

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E  EXCLUÍDAS ASI COMO DAS PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS ÁS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN, PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA AVENTÚRATE CON GALICIA 2019 (Resolución do 27 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 66, do 4 de abril).

De acordo co disposto no artigo 8.2 da resolución, expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as mesmas reúnen os requisitos establecidos, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, as solicitudes incompletas levan a mención “REQUIRIR” e as excluídas aparecen coa mención "EXCLUÍDA". Na columna BASES QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS a base e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar os documentos que se requiren ou as causas de exclusión. Os/as interesados/as disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 4 de xuño de 2019) para aportar documentación ou formular alegacións, para o que poderán utilizar o impreso de remisión de documentación/presentación de alegacións que se achega. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidos/as da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Anexo - Listado provisional picar aquí para descargar

 

Para formular alegacións ou aportar documentación para a emenda da solicitude:

Data de publicación: 
20.05.2019
Data fin de prazo: 
04.06.2019