Listas provisionais de admitidos e excluidos do programa de Campamentos e Campos de Traballo para Arxentina 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1421 lecturas
Publicación das listas provisionais de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluidos do programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo.
Estado: 
Procedemento pechado

Resolución: 19 de decembro de 2008 (DOG Nº2 do 05-01-09).

Prazo para formular alegacións e completar a solicitude: 2 de maio (inclusive).

De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para o país de ARXENTINA, entendendo como:

  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU  e  ART_EXC  os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna  ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 2 de maio inclusive) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude.Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentación:

Listas provisionais de admitidos e excluidos :

Paises Campamentos Campos de traballo
Argentina Descargar Descargar

 

Data de publicación: 
20.04.2009