Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Marzo2024A Xunta abre o prazo para que 108 galegas e galegos do exterior cursen Formación Profesional en Galicia o próximo curso ao abeiro do programa Retorna Talento FP audio Na modalidade de FP Dual ofértanse 60 prazas, cunha parte de formación no país de orixe e a outra en centros de ensino e empresas en Galicia. As e os estudantes seleccionados neste eido percibirán unha bolsa de 10.800 € de apoio. Outras 48 prazas son para formación específica básica, onde os alumnos e alumnas recibirán 6.500€ de apoio económico para viaxe, aloxamento e manutención durante o curso. A Consellería de Educación destina case 1M€ a... Máis información
-
16Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Becerreá, Celanova, Cangas e Muros audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
15Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai recorda na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro que Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domíngez, participou na ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro, figura icónica da literatura galega e símbolo da loita feminina no marco do Día Internacional da Muller. A Xunta de Galicia leva anos traballando pola promoción da igualdade. Nos últimos tempos puxo en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI. A delegada recordou que... Máis información
-
14Marzo2024Inaugurada en Vigo a exposición "As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido" como homenaxe ao sacrificio e esperanza das e dos emigrantes galegos (1960-1974) no Reino Unido audio A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, xunto o secretario territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, Fernando González Abeijón, e representantes do Concello de Vigo asistiron á inauguración na Casa das Artes de Vigo da exposición As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido. O acto contou tamén con Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e director do Arquivo da... Máis información
-
13Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa na Romaría do Centro Gallego de Montevideo onde a cultura galega estivo moi presente audio Elvira Domínguez, delegada da Xunta de Galicia, participou na Romaría do Centro Gallego de Montevideo, que se celebrou cun éxito rotundo, reunindo preto de 3000 asistentes nun día cheo de actividades. Unha gran multitude de persoas achegouse ao Centro ao longo de toda a xornada para poder gozar das delicias da gastronomía típica galega, ademais de presenciar as actuacións dos conxuntos de canto e baile da colectividade que se sucederon durante... Máis información
-
12Marzo2024O delegado da Xunta en Bos Aires en funcións asiste á entrega das distincións ‘A Barca de Sálvora’ a destacadas mulleres da colectividade galega no 2024 e lembra que o Goberno galego leva anos traballando pola promoción da igualdade audio O acto tivo lugar no Centro Gallego de Avellaneda ante preto de 150 persoas. A Xunta de Galicia puxo nos últimos tempos en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI. O Centro Gallego de Avellaneda concedeu esta pasada fin de semana as distincións ‘A Barca de Sálvora’, coas que a institución recoñeceu a destacadas mulleres polo seu aporte e contribución á colectividade galega. O acto, ao... Máis información
-
11Marzo2024O prazo de solicitude do programa Escolas Abertas remata este martes, 12 de marzo audio Este programa desenvolverase en Galicia do 6 ao 16 de xullo e ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades... Máis información
-
10Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana A Fonsagrada, Redondela, Ribadavia e Pontedeume audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
09Marzo2024A Xunta de Galicia impulsa o Carné Xove Exterior entre a mocidade galega en Uruguai audio A expansión do Carné Xove Exterior para incluír ás mozas e mozos galegos na diáspora é un paso adiante cara á igualdade de oportunidades, permitindo que a mocidade no exterior goce das mesmas vantaxes en comercios, transporte, cine, museos ou librarías. Elvira Domínguez, delegada da Xunta no Uruguai, xunto con Martín R. Caridad, presidente da Federación de Institucións Galegas, fixeron un chamamento á mocidade da diáspora galega en Uruguai para... Máis información
-
08Marzo2024Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller audio O 8 de marzo é desde hai máis dun século o día para visibilizar e celebrar os avances conseguidos na loita polos dereitos das mulleres. A igualdade debe ser reivindicada os 365 días do ano, pero o Día Internacional da Muller é a xornada por excelencia para conmemorar os logros conseguidos en materia de igualdade en todas as esferas sociais. Un día para reflexionar e tomar conciencia do camiño que aínda queda por percorrer para acadar a... Máis información
Páxinas |