Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
16Decembro2023O presidente do Parlamento agradece a “hospitalidade” coa que Uruguai recibiu á emigración galega audio A sede do Poder Lexislativo da República Oriental do Uruguai acolle desde este venres a exposición “El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia”. En Montevideo presentouse, en 1945, o Consello de Galiza, como fideicomisariado da vontade popular expresada no plebiscito estatutario de 1936 e co obxectivo de dar continuidade ao proceso de institucionalización autonómica en Galicia. Unha copia do libro de actas do... Máis información
-
15Decembro2023Miranda destaca a influencia cultural entre Galicia e Uruguai na inauguración da exposición 'Miñenses no Uruguai' audio Miranda asegurou que “esta exposición non é só un tributo a Antón Crestar, senón tamén un espello do legado e a resiliencia da comunidade galega en Uruguai, reflectindo a nosa rica historia e cultura transatlántica". O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participou este venres na inauguración da mostra Miñenses no Uruguai: Homenaxe a Antón Crestar, marcando un momento de recoñecemento e celebración da influencia cultural... Máis información
-
15Decembro2023Miranda destaca o traballo da Sociedade Estudiantil para a promoción do folclore galego en Cuba audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta semana unha reunión co responsable da Sociedade Estudiantil Concepción Arenal, Alexandre Avena, unha institución de renome establecida en 1975 na cidade da Habana e destacou o traballo da sociedade para a promoción do folclore galego en Cuba. Durante a reunión, abordáronse temas relacionados cos obxectivos da Sociedade, enfatizando a necesidade de cultivar e promover... Máis información
-
15Decembro2023Santalices estreita relacións institucionais con diferentes entidades do Uruguai, como o alcalde de Punta del Este, fillo de galegos audio Trasladou unha mensaxe de afecto e recoñecemento ás e aos residentes no Hogar Español de Ancianos de Montevideo “logo dunha vida de traballo na que contribuíron ao engrandecemento do país de adopción e consolidaron a imaxe dos galegos como un pobo nobre e traballador”. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou Uruguai este xoves, onde está a desenvolver unha axenda centrada en estreitar as relacións... Máis información
-
14Decembro2023Un evento cinematográfico único: Primeiro ciclo de cinema galego "Galicia é cine" audio O ciclo "Galicia é cine" é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Trátase dun ciclo de cinema con cinco longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se proxectaron en Londres, Caracas, Río Gallegos e Córdoba (Arxentina). Os días 29 e 30 de novembro, e o 1 de decembro, celebrouse con gran éxito en Córdoba (Arxentina) o primeiro ciclo... Máis información
-
14Decembro2023O presidente do Parlamento de Galicia visita o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires audio O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou este mércores o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, inaugurado en 1998 para impartir ensinanzas oficiais desde a óptica da biculturalidade galego-arxentina. Santalices Vieira agradeceu o esforzo educativo que desenvolve o centro, “un dos piares esenciais para salvagardar a pegada histórica e cultural dos centos de miles de galegos que ao longo... Máis información
-
13Decembro2023Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas en Cuba a súa implicación para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos e galegas na illa audio Miranda reuniuse co presidente da Federación, Sergio Toledo, a quen pediu que trasladase a felicitación ao seu equipo da Oficina de Atención Social e a todas e todos os coordinadores na illa que fan posible as xestións das axudas económicas individuais a máis de 5.000 familias galegas. Miranda e Toledo tiveron ocasión de visitar as cubertas do magnífico Palacio do antigo Teatro do Centro Gallego guiados polo seu director, Leonardo Tur. O... Máis información
-
13Decembro2023Bos Aires acolle unha exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia audio A mostra foi inaugurada polo presidente do Parlamento nas dependencias do Centro Galicia da cidade que desde antano é considerada a “quinta provincia galega". “A historia de Galicia non pode nin debe entenderse sen a emigración, sen a contribución da Galicia de ultramar ao proceso de construción da autonomía galega", afirma Santalices. A autonomía galega constitúe “a etapa de maior crecemento, estabilidade e progreso de toda a nosa historia".... Máis información
-
12Decembro2023Miranda reafirma o compromiso da Xunta coa diáspora galega e fai balance do intenso ano de traballo na reunión coas e cos presidentes das entidades en Cuba audio Unha reunión clave para fortalecer os mecanismos de traballo conxunto para seguir a ofrecer apoio aos galegos e galegas en Cuba a través dos diversos programas e axudas da Xunta de Galicia. Miranda aproveitou o encontro para transmitir felicitacións de Nadal a todas e todos os presidentes das entidades galegas en Cuba. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coas e cos presidentes das diversas entidades galegas en... Máis información
-
12Decembro2023Unha exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia abrirá as súas portas esta semana en Bos Aires e Montevideo audio A mostra, titulada “El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia" dá continuidade á que se organizou para conmemorar o 40 aniversario da Cámara, comisariada por Ramón Villares. Será inaugurada o martes 12 de decembro en Buenos Aires e o venres 15 en Montevideo coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira. Unha exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia... Máis información
Páxinas |