A Xunta de Galicia participará este sábado na presentación do Festival cinEScultura de Ingolstadt e Ratisbona e anima a todas e todos os galegos en Alemaña a asistir aos diferentes actos dedicados a Galicia

2ª edición do Festival cinEScultura
2ª edición do Festival cinEScultura
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024.

Representantes da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia asistirán este sábado á presentación da segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a 17ª en Ratisbona, un evento no que a Xunta de Galicia colabora na súa organización e que este ano se dedica á promoción da cultura galega, ofrecendo unha ventá única ao cine, á lingua e ás tradicións de Galicia.

Ao longo de todo o día están previstas actividades gratuítas para toda a familia, actuacións musicais, unha exposición, actividades infantís e un espectacular pasarrúas polo centro histórico de Ratisbona da man da Banda de gaitas e grupo de danzas "As Xeitosiñas" de Zürich, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

244 lecturas