Galicia brilla en Alemaña coa celebración de cinEScultura en Ingolstadt e Ratisbona

  • Imaxe da presentación de #cinEScultura en Ratisbona
    Imaxe da presentación de #cinEScultura en Ratisbona

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024.

Galicia foi protagonista este sábado en Alemaña grazas á presentación do Festival cinEScultura nas cidades de Ingolstadt e Ratisbona. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia celebrou o Día de Europa en Baviera apoiando a segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a décimo sétima edición en Ratisbona. Este ano, o festival estivo dedicado a promover a cultura galega e ofrecer unha oportunidade única para dar a coñecer o cine, a lingua e as tradicións desta terra.
 
O momento máis destacado e de maior impacto foi, sen dúbida, o impresionante pasarrúas polo centro histórico de Ratisbona, protagonizado pola Banda de gaitas e o grupo de baile "As Xeitosiñas". Miles de persoas presenciaron esta espectacular actuación, posíbel grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
 
A Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich, Suíza, desprazouse especialmente para o evento e ofreceron no escenario principal que congregou a un gran número de asistentes. Este acto permitiu ás e aos presentes descubrir a riqueza cultural de Galicia, amosando o mellor do seu repertorio durante a inauguración da exposición de Yoseba MP.
 
Con estes actos, a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura galega no exterior, fortalecendo os lazos entre a diáspora galega e a súa terra natal.

Máis información do Festival cinEscultura en www.centroespanoldeingolstadt.de/cinescultura.

191 lecturas