A Xunta abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 50 mozas e mozos galegos do exterior

Este programa ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual.

O prazo de solicitude do Conecta con Galicia 2024 estará aberto ata o 20 de maio
O prazo de solicitude do Conecta con Galicia 2024 estará aberto ata o 20 de maio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024.

A Xunta de Galicia abre a convocatoria do novo programa Conecta con Galicia que ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 50 mozas e mozos galegos do exterior durante o mes de xullo.

Este programa está dirixido a persoas de 16 e 17 anos residentes no estranxeiro, nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos e ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen.

A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío no mes de xullo.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia.

As persoas interesadas terán 30 días para presentar as súas solicitudes. 

1067 lecturas