Miranda invita aos galegos e galegas do País Vasco a “seguir sendo exemplo de unidade fóra de Galicia” sumándose á Irmandade de Centros Galegos en Euskadi

O secretario xeral da Emigración reuniuse con Pilar Rodríguez, a quen lle trasladou o agradecemento á Irmandade polo seu traballo por establecer vínculos de cooperación e solidariedade entre as entidades galegas afincadas nesta comunidade autónoma.

Imaxe da reunión celebrada hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada hoxe no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro coa presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, Pilar Rodríguez, a quen convidou a seguir traballando na procura de que as entidades galegas no País Vasco sigan a “ser exemplo de unidade fóra de Galicia”. 

Non en van, e como lembrou o responsable do departamento autonómico, a Irmandade de Centros Galegas en Euskadi aglutina unha decena de entidades galegas dunha rexión na que viven preto de 42.000 persoas nacidas na comunidade autónoma de Galicia. 

“O do País Vasco é un exemplo a seguir, e grazas a unión da que fan gala teñen cada ano máis relevancia dentro de Euskadi. Por este motivo, animo a todas as entidades do País Vasco a que se sumen a este traballo”, invitou Miranda, quen incidiu na importancia da “cooperación e colaboración entre entidades” para reforzar os vínculos da colectividade.

Neste sentido, o secretario xeral da Emigración felicitou á Irmandade polo seu permanente traballo por establecer vínculos de cooperación e solidariedade entre as entidades galegas afincadas no País Vasco. Así mesmo, aproveitou o encontro para repasar os proxectos máis inmediatos nos que está a traballar a entidade de cara xa ao vindeiro ano.

Consello de Comunidades Galegas 
Pilar Rodríguez é tamén presidenta da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, polo que o encontro permitiu tamén abordar a próxima celebración do seu XII pleno, que terá lugar en Santiago a comezos de decembro. “O Consello será, unha vez máis, un escenario inmellorable para seguir avanzando coa colectividade nos temas pendentes e nos retos que temos por diante”, afondou Miranda. 

676 lecturas