Miranda destaca o labor de promoción da cultura galega en USA da Casa Galicia de Nova York durante os actos de conmemoración do seu 82 Aniversario

  • Miranda destaca o labor de promoción da cultura galega en USA da Casa Galicia de Nova York durante os actos de conmemoración do seu 82 Aniversario

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co actual presidente da Casa de Galicia de Nova York e os seus ex-presidentes
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co actual presidente da Casa de Galicia de Nova York e os seus ex-presidentes
Listen to this page using ReadSpeaker
New York (Estados Unidos), 2 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte aos actos de conmemoración do 82 aniversario da Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York, destacando o labor que este centro ven desenvolvendo dende a súa creación para a promoción da lingua e a cultura galega.

Esta entidade galega naceu en 1940, pouco antes de que Castelao, primeiro socio de honra deste centro, marchara para Bos Aires.  Conta con máis de mil socios  na actualidade e cun completo programa educativo a través da súa escola de música e danza, onde se ensina aos máis novos a tocar a pandeireta, a gaita, o tambor e o baile, o que permite garantir a continuidade dos distintos grupos artísticos. Ademais, desenvolve diversas celebracións culturais ao longo do ano que permiten manter as tradicións galegas. En Estados Unidos residen na actualidade máis de 24.000 galegos.

530 lecturas