Emigración anima aos interesados a preparar xa a documentación para solicitar a próxima Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Antonio Rodríguez Miranda - Nova Campaña BEME 2023/2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou a todos os galegos universitarios do exterior a preparar xa a documentación para solicitar a próxima bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) co obxectivo de que poidan cursar un mestrado nunha das tres universidades públicas galegas.

Miranda recordou, no transcurso do encontro cos 250 bolseiros beneficiados deste ano, que a solicitude da nova convocatoria abrirase a comezos do próximo curso, pero que, nos próximos días, dende a páxina web da Secretaría (https://emigracion.xunta.gal) porase en marcha un enlace para poder comprobar se o interesado cumpre cos requisitos necesarios para optar a esta axuda e cales son os prazos e os documentos que se necesitan para a súa obtención. As bolsas BEME, que recoñecen currículos brillantes, contan cun apoio económico de entre 7.000 € e 11.500 €  orientados a financiar a matrícula do máster, a viaxe ou a manutención. Do mesmo xeito, a Xunta tamén pon a súa disposición a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, financiada polo Fondo Social Europeo.

292 lecturas