Antonio Rodríguez Miranda desexa aos galegos e galegas do exterior un feliz Día de Galicia recordando a unión entre a colectividade presente en todo o mundo

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda - Día de Galicia 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvaterra de Miño (Pontevedra), 25 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita, a través dun vídeo, o 25 de xullo, Día de Galicia, a todos os galegos e galegas do exterior, recordándolles a unión entre a colectividade presente en todo o mundo.

Dende as beiras do río Miño, como símbolo unificador de Galicia, o secretario xeral da Emigración recordou que hai moito que celebrar este ano, en especial, coa recuperación de tódolos programas postos en marcha por este departamento autonómico para o encontro coas e cos galegos do exterior e coas entidades, e coa celebración en setembro do Consello de Comunidades Galegas en Ourense. 

148 lecturas