Axudas económicas individuais a galegos/as residentes no exterior. Exercicio 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
2832 lecturas
Información do Programa e Formularios de Solicitude das Axudas Económicas Individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos/as residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2014. (DOG nº 35, do 20 de febreiro de 2014).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
20.02.2014
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:

  1. Os/as emigrantes galegos/as e os/as seus/súas fillos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego/a sinálase no artigo 14º desta resolución.
  2. Os/as netos/as de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán ser beneficiarios/as por unha única vez das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo, os seus fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento e non fosen beneficiarios/as o ano anterior.
  4. Os/as fillos/as e netos/as de emigrantes galegos/as deberán ter a vinculación con Galicia, cando menos, cun ano de antigüidade.

Supostos de necesidade:

  • Situación de dependencia ou enfermidade grave do/a solicitante
  • Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar
  • Invalidez ou enfermidade permanente do/a solicitante
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas o graves, cando teñan un custo elevado
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero
  • Situación de desemprego na unidade económica familiar
  • Situación de precariedade na unidade familiar.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    -Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro
    -Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía
    -Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos y Instrucción en Sao Paulo
    -Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficente Rosalía de Castro en Santos
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera de los lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Teléfonos: 981 545877 - 981 545880
Fax: 981 957055
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es


FORMULARIOS DE SOLICITUDE: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Texto completo da convocatoria no DOG: picar aquí para descargar

Nota importante:

  • O prazo de presentación das solicitudes remata o 1 de abril de 2014, pero no caso de Venezuela foi ampliado ata o día 21 de abril
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.04.2014