Feijóo dá en nome de Galicia o último adeus ao “gran presidente da democracia” e salienta o seu inmenso labor a España

Refírese ao ex-presidente como “un dos mellores españois que deu o século XX e, probablemente, un dos mellores políticos da UE durante a época que lle tocou vivir”.

Resalta tamén as mostras de cariño e de apoio expresadas polas miles de persoas que se achegaron á capela ardente do ex-presidente; “unha confirmación –di- de que a xente segue admirando os políticos de raza, os políticos coherentes e os políticos honestos”.

Afirma que hai espazo para a política, “para os servidores públicos, para aqueles que consideran que os intereses xerais están por enriba de calquera interese persoal ou de calquera interese de partido” e avoga por seguir traballando, “coller o relevo e seguir garantindo a unidade democrática de España”.

  • Alberto Núñez Feijóo asistiu esta mañá á despedida do féretro de Adolfo Suárez
    Alberto Núñez Feijóo asistiu esta mañá á despedida do féretro de Adolfo Suárez
  • Alberto Núñez Feijóo asistiu esta mañá á despedida do féretro de Adolfo Suárez
    Alberto Núñez Feijóo asistiu esta mañá á despedida do féretro de Adolfo Suárez
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 25 de marzo de 2014.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu esta mañá en nome de Galicia, o último adeus ao “gran presidente da democracia” e salientou o seu inmenso labor a España.

Durante a despedida do féretro cos restos mortais de Adolfo Suárez, Feijóo referiuse ao ex-presidente como “un dos mellores españois que deu o século XX e, probablemente, un dos mellores políticos da UE durante a época que lle tocou, nada máis e nada menos que facer algo que parecía imposible: pasar dun sistema sen liberdades a un sistema no que se garanten as liberdades”.

O responsable do Goberno galego resaltou, tamén, as mostras de cariño e de apoio expresadas polas miles de persoas que se achegaron á capela ardente do ex-presidente, “unha confirmación –dixo- de que a xente segue admirando os políticos de raza, os políticos coherentes e os políticos honestos, e de que hai espazo para a política aínda. Espazo para os servidores públicos, para aqueles que consideran que os intereses xerais están por enriba de calquera interese persoal ou de calquera interese de partido”.

Ante isto, Feijóo avogou por seguir traballando, “coller o relevo e seguir garantindo a unidade democrática de España”.

1017 lecturas