España premia o traballo das galegas e os galegos en Newark

O director xeral de Migracións do Goberno de Madrid entregou ao Centro Orensano da cidade estadounidense a Medalla de Ouro da Emigración.

A entrega da medalla de ouro incluíu baile, música e comida, coas bandeiras de EE.UU., España e Galicia como fondo. Foto: V. Toro
A entrega da medalla de ouro incluíu baile, música e comida, coas bandeiras de EE.UU., España e Galicia como fondo. Foto: V. Toro
Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York, 31 de marzo de 2014.

Día grande: chourizos ceboleiros, lacón, viño, música, muñeiras, amigos e a Medalla de Ouro da Emigración concedida polo Goberno español, todo iso había onte no Centro Orensano de Newark, Nova Jersey, moi preto de Nova York. O centro galego celebraba o seu Festa do Pote, un evento que cada ano reúne a maioría dos socios e socias do club, e que onte congregou preto de 350. É a gran festa da entidade, pero este ano, ademais, tiña premio. O director xeral de Migracións do Goberno de Madrid, Aurelio Miras, estaba no Estados Unidos para facer entrega da distinción en persoa.

Aurelio Miras movíase como pola súa casa, pero é doado de entender. Este galego que é director xeral de Migracións de Mariano Rajoy foi conselleiro do mesmo ramo cun dos Gobernos de Fraga, así que coñece ben os centros galaicos no exterior. Sobre a medalla que onte entregou ao presidente do Centro Orensano, Mira aseguraba para La Voz: «Concedéuselle ao centro a nivel colectivo, pero debería ser para cada un dos socios polo gran traballo que fan para transmitir a cultura galega aos seus fillos».

Récord de universitarias e universitarios
«Non» foi «doada a vida dos galegos que chegaron aquí -recoñecía Aurelio Miras-, polo idioma, pola diferenza de idiosincrasia co pobo americano. Aínda que hai unha cousa que teñen en común os galegos e os estadounidenses: o traballo».

E recordaba unha cousa máis sobre as galegas e os galegos emigrantes en Estados Unidos: son o grupo de inmigrantes, seguido polas e polos franceses, coas cifras máis altas de fillos e fillas con estudos universitarios.

O Centro Orensano de Newark leva case cincuenta anos facendo comunidade. «Fundouse en setembro de 1964», recordaba para La Voz o seu presidente ata hai tres anos, Miguel González, case o que el mesmo leva en Estados Unidos, «corenta e cinco anos» di, e, como lles sucede a todas e todos cando falan do tempo que levan alí, as súas palabras teñen sempre algo de morriña.

Entre as persoas convidadas deste ano, os alcaldes de Newark -un portorriqueño de nacemento que se chama Luis Quintana-, o de Harrison -que é outra cidade de Nova Jersey moi próxima a Newark-, o de Ribeira, Manuel Rivas, chegado de Galicia para celebrar coas e cos seus paisanos -as e os ribeirenses emigraron en gran número a esta cidade- a festa.

Tradicións e bailes
Miguel González explicaba que a Festa do Pote é «unha forma de conservar as nosas tradicións», dicía. Pero é máis: a principal convocatoria anual para os socios e as socias do Centro Orensano e unha fórmula para recadar o diñeiro que permite manter as actividades do local. «Facemos chourizos ceboleiros -explica González-, bo, fágoos eu. Eses chourizos comémolos na festa, pero tamén deixamos unha parte que subastamos hoxe e así recadamos fondos».

Con ese diñeiro fináncianse parte das actividades, sobre todo dedicadas a conservar as danzas galegas. O presidente actual do centro, José Luis Barreiros, celebraba como os outras e outros ourensáns, e galegas e galegos doutras zonas que tamén son persoas asociadas do club, que a festa volvera ser un éxito.

 

Fonte e foto: La Voz de Galicia

1092 lecturas